O Auditorio de Verín acolle a presentación do libro “Diario de Carmen en cuarentena. Mi verdad en libertad” de Carmen Lovelle Imprimir
Mércores, 04 Agosto 2021 13:00

 Maña xoves 5 de agosto, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a presentación do libro a ex alcaldesa de Verín, Carmen Lovelle, “Diario de Carmen en cuarentena. Mi verdad en libertad”.


O libro é o fiel reflexo dun diario persoal e compartido dos cen días de confinamento por  COVID. Escrito e remitido a través dun teléfono, día a día, cos acontecementos, noticias, vivencias de antes e do momento. A autora transmite sentimentos, desexos, afectos e paixóns reflicto dun mundo interior forxado a través da súa traxectoria vital e ao fío da traxedia vivida neste tempo. Contén propostas de libros, música e películas vinculados cos textos e, ánimo de transmitir a quen lía a diario, esperanza, resistencia e forza para escapar do medo. A través do  WhatsApp escapar do illamento e propiciar enteireza e  resiliencia. Relato ou crónica con perspectiva propia e ao mesmo tempo acrisolada pola moi variada correspondencia que recibía dos moitos lectores. Este libro axudará a manter na memoria canto ocorreu.