Mesa informativa sobre o Plan de Programación do Tempo na Cidade Imprimir
Sábado, 31 Outubro 2009 17:31

A Casa da Cultura de Verín acollerá o próximo 4 de novembro, a partir das 20 horas, a realización da primeira mesa informativa sobre o Plan de Programación do Tempo na Cidade, organizado polo Concello de Verín en colaboración con Femuro (Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense).  

O Plan de Programación do Tempo na Cidade é unha das medidas de conciliación previstas na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia e no Decreto 182/2008, do 31 xullo, polo que se establece a promoción autonómica das medidas municipais de conciliación. Unha iniciativa, que dende unha perspectiva comunitaria, presenta numerosos vantaxes tanto a nivel individual como social, xa que pretende favorecer a coordinación dos horarios do municipio -servizos públicos, comercios, actividades culturais, sociais ou de ocio, entre outras- coas necesidades persoais, familiares e laborais do conxunto da cidadanía.

A mesa informativa, na que se exporán o plan e exemplos de medidas de conciliación, están convocados todos os entes sociais do municipio de Verín.