Seminario de Motivación Emprendedora Imprimir
Martes, 27 Outubro 2009 10:03

O Concello de Verín e BIC Galicia organizan para os días 3 e 4 de novembro un Seminario de Motivación Emprendedora, destinado á difusión da creación de empresas.

O obxectivo desta sesión, que terá unha duración aproximada de tres horas, é achegar aos asistentes á realidade do mundo empresarial, valorizar a figura do empresario e analizar o proceso que se inicia na motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa e realización dun plano de viabilidade, no que se amosen as ferramentas e axudas das que dispoñen os emprendedores.

Este seminario impartirase o día 3 de novembro, de 18 a 21 horas, no salón de actos da Casa da Cultura e o 4 de novembro, no mesmo horario, no Instituto de Educación Secundaria García Barbón de Verín.

Para máis información e inscricións deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.