Día Mundial das Bibliotecas Imprimir
Martes, 20 Outubro 2009 13:28

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza, con motivo da celebración do Día Mundial das Bibliotecas, dous días de actividades nas súas instalacións: o venres día 23 de outubro, de 18 a 19.30 horas -para nenos/as de 3 a 7 anos- e o sábado 24, de 11.30 a 13 horas -para nenos/as de 8 a 12 anos-.

Devanditas actividades consistirán na realización de contacontos e manualidades, e nas mesmas colaborarán os/as voluntarios/as da Biblioteca de Verín. Para participar nestas actividades, destinadas a un máximo de 20 nenos/as socios/as da Biblioteca por día, é necesario inscribirse na mesma ou no teléfono 988-414776.