Remata a construción da nova ponte situada en Queizás Imprimir
Mércores, 17 Marzo 2021 14:40

O Concello de Verín vén de rematar as obras de construción da nova ponte de Queizás. Esta primeira fase executada corresponde á finalización da estrutura completa do viaduto. A segunda fase deste proxecto unirá a ponte co polígono de Pazos, dotando ao mesmo dun novo acceso e conectándoo coa estrada N-532. Así mesmo permitirá desconxestionar o tráfico da estrada N-525 influíndo isto de maneira positiva na circulación do núcleo de Verín e os seus arredores.

Esta actuación, que ten como principal obxectivo retirar o tráfico pesado  do centro, especialmente  ós  camións con destino  ó polígono de Pazos (uns 600 vehículos diarios, aproximadamente), supón un investimento total de 1 millón de euros; dos cales 800.000 euros son achegados polo Instituto para a Diversificación e o  Aforro  Enerxético (IDAE) e  200.000 euros corresponden a fondos propios municipais.






Segunda fase

Coa finalización das obras de construción desta ponte, o Concello de Verín dá luz verde á unha segunda fase do proxecto que, cunha inversión de 600.000 euros, consistirá na realización das obras necesarias para culminar a unión deste viaduto co polígono de Pazos. «Coa finalización desta segunda fase, completarase o novo viario perimetral que servira de circunvalación complementaria á que se desdobra das autovías A-52 e A-75 de xeito que os Remata a construción da nova ponte en Queizás camións non teñan que abordar o casco urbano e se reduzan así significativamente as emisións contaminantes», explicou Gerardo Seoane¡, alcalde de Verín.