O Auditorio de Verín acolle a representación da obra “El Mentiroso” da compañía MDM Imprimir
Venres, 12 Marzo 2021 13:24

 O sábado 27 de marzo, ás 19:00 horas, a compañía  MDM, poñerá en escena a obra de Carlo Goldoni “El mentiroso,” unha simpática comedia, para todos os públicos, dividida en tres actos que relata a historia dun mozo que xamais puido dicir a verdade. Bufóns, burgueses e a xente do pobo conviven en “El mentiroso.” Elenco artístico: Daniel Vignolo, Mauricio Albera e Javier Calleja.

As entradas xa están dispoñibles, por cinco euros, en ataquilla.com.

«Un Home, sentado a unha mesa, observa un  cubilete de dados. Estamos a metade dunha partida ao mentireiro ou, quizais, a partida non comezase aínda. Non o sabemos. O caso é que o Home espera o próximo movemento do seu adversario, só que fronte a el non hai ninguén. Ou quizais, si. O xogo é unha escusa para falar de calquera cousa, por exemplo, da familia, de traballo, de política ou de Deus. De mentiras.