ACTUALIZACIÓN COVID 19 | Verín en nivel 3 (verde) de restricións Imprimir
Xoves, 25 Febreiro 2021 17:35

 En vista da actual evolución epidemiolóxica e da situación asistencial, a Consellería de Sanidade vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as novas medidas de prevención destinadas a evitar a propagación da COVID-19 en #Galicia.

As PRINCIPAIS NOVIDADES, que entrarán en vigor na noite de hoxe xoves 25 ao venres 26 de febreiro, ás 00:00 horas, son as seguintes:




NIVEL 3: pola incidencia acumulada nos últimos 14 días inferior aos 250 por 100.000 habitantes.

Mobilidade permitida entre municipios do *mesmo nivel.

* As persoas residentes no Concello de Verín pódense mover aos concellos do mesmo nivel agás aos concellos pertencentes ás Áreas Sanitarias da Coruña, Ferrol e Pontevedra

HOSTALERÍA: aforo 30% en interior (sen barra) e 50% en terrazas (espazos abertos), aberta ata as 18:00h.

REUNIÓNS PERMITIDAS: ata un máximo de 4? persoas non conviventes.

CULTURA: 30% aforo dos espazos - Auditorio Municipal, Biblioteca e Salón de Actos.

DEPORTE: Non federado, de forma individual. Actividades deportivas dirixidas por monitor máx. 4? persoas.

Apertura de instalacións deportivas (Piscina climatizada, PAvillón de Deportes Municipal e Complexo Deportivo de A Granxa ).

Sempre con máscara.

LUGARES DE CULTO: 1/3 do seu aforo. Velorios e enterros 5 personas en interior e 15 en exterior.

PARQUES INFANTÍS da vila e das parroquias continúan abertos. Obligatorio gardar distancia seguridade de 1,5 metros.

 

MEDIDAS VIXENTES EN TODA GALICIA

 

-       A Comunidade Autónoma segue pechada perimetralmente. E tamén a fronteira con Portugal.

-       Limitación da mobilidade nocturna, a partir das 22:00 ata as 6:00 horas.

-       UNIVERSIDADE: As clases presenciais retomaranse o luns 1 de  marzo, despois de realizar un cribado ao alumnado.


Consulta todas as medidas no Diario Oficial de Galicia

- https://cutt.ly/MlRkn6Y

https://cutt.ly/FlRkkpw

Resumo das medidas: https://cutt.ly/dlUsRTA

 

ESTÁ NAS NOSAS MANS!!!!

#FainoPorTi #fainoportodos #PROTÉXETE!!!

Lembra a norma das 6 M

Máscara. Uso de máscara todo o tempo posible.

Mans. Lavado de mans frecuente.

Metros. Mantemento da distancia física de máis de 1,5 metros.

Maximizar ventilación e actividades ao aire libre. Manter as xanelas e portas abertas na medida en que sexa seguro e factible segundo a temperatura.

Minimizar o número de contactos, preferiblemente sempre os mesmos.

• QuédoMe na casa se teño síntomas, diagnóstico ou contacto.