Día de Rosalía de Castro Imprimir
Mércores, 24 Febreiro 2021 12:46

 Cada ano, o 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, gran mestra das letras galegas e, sen dubida, unha das figuras indispensables do panorama literario do século XIX.

Compartimos convosco unha fotografía que mostra unha pequena parte da obra limitada a 313 exemplares, "irrepetible", tal e coma reza a acta notarial, que foi adquirida pola Biblioteca Pública Municipal de Verín no 2018: “Rosalía de Castro: Obra poética e manuscritos”, Ed. Boreal, número da edición 152, que vén acompañada por nove imaxes asinadas por Gosia Trabacz.

Descarga aquí o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2021.