O Concello de Verín repartirá 2.000 “mascarillas entroideiras” entre os escolares de Verín Imprimir
Venres, 22 Xaneiro 2021 14:44

 O Concello de Verín repartirá preto de 2.000 máscaras hixiénicas  temáticas do Entroido nos centros educativos de Verín. O deseño dos cubre bocas, que serán entregados o próximo 4 de febreiro -coincidindo co xoves de  compadres-, está baseado na principal figura do  Entroido de Verín, o Cigarrón.

«Aínda que sabemos que aos verineses e verinesas non lles fai falta, con esta iniciativa queremos contribuír, de maneira segura, a manter viva a chama do  Entroido, neste caso entre os máis pequenos da casa», explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo. A distribución destas máscaras é a primeira dun conxunto de accións promocionais que ten preparadas o  Concello de Verín destinadas a manter vivo o  Entroido de Verín, sempre dunha maneira segura.

O deseño das máscaras foi elaborado pola artista local, natural de  albarellos, Aurora López e o propio cubre bocas, hixiénico e reutilizable,  fabricado pola empresa  Nicandra con tecido homologado pola normativa UNE0065 para filtrar e protexer ante a COVID-19.