ACTUALIZACIÓN COVID-19|| A Xunta de Galicia manten ao Concello de Verín no nivel máximo de restricións Imprimir
Mércores, 20 Xaneiro 2021 11:03

 A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG num 11-BIS a ORDE do 19 de xaneiro de 2021 e o Decreto 11/2021, documentos nos que se explican as novas restricións impostas en Galicia pola COVID-19 e que confirman que Verín continúa coas medidas correspondentes ao nivel máximo de alerta.

As principais novidades nas restricións que afectan ao Concello de Verín, e que entrarán en vigor esta media noite (ás 00:00h do xoves), son as seguintes:

  • Prohibición da competición de deporte federado. Só adestramentos dun máximo de 4 persoas máis 1 monitor, sempre mantendo todas as medidas de seguridade pertinentes.
  • Prohibición do uso de vestiarios e duchas en instalacións deportivas, podendo habilitarse, en casos estritamente necesarios (consultar DOG), espazos auxiliares.

 

Lembra que:

  • Verín está pechado perimetralmente de maneira INDIVIDUAL.
  • O toque de queda está vixente desde 22:00 ata as 6:00 horas.
  • As reunións de non convivintes están limitadas a un máximo de 4 persoas.
  • No comercio, establécese un aforo do 50%, que poderá permanecer aberto ata as 21:30 horas
  • Na hostalaría, só se pode consumir en terraza, podendo permanecer abertos ata as 18:00 horas.

 

Podes consultar todas as medidas no seguintes enlaces:

 https://cutt.ly/CjSwsYv

 https://cutt.ly/gjSwfEj

Agora máis que nunca, dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.

 

#FainoPorTi #fainoportodos PROTÉXETE!!

 

Lembra a norma das 6 M

Máscara. Uso de máscara todo o tempo posible.

• Mans. Lavado de mans frecuente.

Metros. Mantemento da distancia física de máis de 1,5 metros.

• Maximizar ventilación e actividades ao aire libre. Manter as xanelas e portas abertas na medida en que sexa seguro e factible segundo a temperatura.

• Minimizar o número de contactos, preferiblemente sempre os mesmos.

QuédoMe na casa se teño síntomas, diagnóstico ou contacto.