O Conservatorio de Verín organiza a primeira edición do concurso “Entroido Musical” Imprimir
Luns, 18 Xaneiro 2021 12:54

 O xoves 11 de febreiro, ás 20.00 horas, o Conservatorio Profesional de Música de Verín organiza o primeira edición do concurso ¨Entroido Musical¨. Esta iniciativa xurde coa finalidade de motivar, incentivar e estimular nos xoves intérpretes o estudo do seu instrumento, e ao mesmo tempo incrementar a participación nunha tradición popular tan importante como é o Entroido na cultura verinesa.



BASES

1) Poderán participar neste concurso os estudantes matriculados no Conservatorio Profesional de Música de Verín de calquera especialidade .

2) O concurso consistirá nunha única proba. En calquera dos casos, a organización do concurso poderá facer unha preselección de participantes se o número de inscricións imposibilitase a realización do concurso o día programado.

3) O concurso está deseñado nunha única categoría na que participarán todos os inscritos.

4) Os participantes deberán ir disfrazados. Os seus disfraces poden estar baseados na temática da obra que interpreten ou ben relacionados coa tradición cultural do Entroido na Vila. (por exemplo, personaxes míticos do Entroido...)

5) Os disfraces, non poderán conter elementos que poidan ser prexudiciais para o instrumento que interpreten. (purpurina, pinturas...)

6) Independentemente de que o disfraz conteña algún tipo de máscara, isto non exime de levar a máscara cirúrxica e respectar estritamente o protocolo sanitario vixente.

7) Establécense 3 premios:

- Mellor interpretación: Vale académico de 50€

- Mellor musicalidade: Vale académico de 50€

- Mellor disfraz: Vale académico de 50€

8) O desenvolvemento do I Concurso ¨Entroido Musical¨ será previsiblemente sen público debido á  situación sanitaria motivada pola COVID-19.

9) O concurso poderá ser gravado e difundido mediante calquera medio audiovisual relacionado co CMUS Profesional de Verín.

10) O concurso levarase a cabo no Auditorio Municipal de Verín, con estrito cumprimento do protocolo de seguridade sanitaria.

11) A organización resérvase o dereito de modificar as datas ou calquera outro imprevisto que poida xurdir.

12) A inscrición no Concurso leva á aceptación das bases.

13) O fallo do xurado será inapelable, incluíndo toda aquela casuística non contemplada nestas bases.

14) A data límite de inscrición será o venres 29 de Xaneiro de 2021.