A Piscina Climatizada de Verín abre o prazo de preinscrición para o curso de natación infantil Imprimir
Mércores, 09 Decembro 2020 13:46

 A Piscina Climatizada de Verín abre o prazo de preinscrición para o curso de natación infantil, que comezará o 18 de xaneiro de 2021.

A preinscrición só a poderán realizar aqueles usuarios e usuarias que xa estivesen en activo no mes de marzo. Así pois, as persoas que non formalicen este trámite no prazo requirido quedarán dadas de baixa no mes de xaneiro, para non pasarlle a cota correspondente.

As persoas interesadas en realizar o curso poden preinscribirse, ata o próximo 23 de decembro, chamando ao teléfono 988414184.