Pleno Ordinario | 11 de novembro |
Mércores, 11 Novembro 2020 14:20 |
O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acolleu esta maña unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA URXENTE DE DATA 23/10/2020
2. Expediente 3636/2020. PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS PARA O EXERCICIO 2021
3. RECOÑECEMENTO EXTRAJUDICIAL 2/2.020, DE FACTURAS 2.019, 2.018 E ANTERIORES, E EXPTE. MODIFICACIÓN CRÉDITOS NO ORZAMENTO 2.020, SUPLEMENTOS CREDITO E CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS CON CARGO Ó REMANENTE LÍQUIDO DE TESORERIA DA LIQUIDACIÓN DO ANO 2.019
4. DAR CONTA DA APROBACIÓN POR DECRETO DO CONCELLEIRO DELEGADO DE ECONOMÍA E FACENDA, DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DO ANO 2.019
5. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA
6. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 07/10/2020 ATÉ O 05/11/2020, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS
7. ROGOS E PREGUNTAS
Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extrordinaria urxente, o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación solicitar a inclusión no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais para o exercicio 2021 da Deputación Provincial de Ourense as seguintes actuacións, requerimento que tamén foi aprobado por unanimidade:
1ª.- Acceso á vivendas 1º de Maio dende a Estrada de Laza (OU-113) por un importe de 48.000 euros
2ª.- Asfaltado Rúa Muiño da Veiga, por un importe de 48.000 euros
Por outra banda, aprobouse por 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 abstencións (PP) o recoñecemento extraxudicial de créditos, num. 2/2.020, por importe de 1.773.974,83 euros das facturas, dos anos 2.019, 2.018 e anos anteriores, polo que levantarase o reparo de intervención para todas estas facturas, procedendo o pago das mesmas. Na sesión plenaria tamén se deu conta da aprobación, por decreto do concelleiro delegado de Economía e Facenda, da liquidación do orzamento do ano 2019 así como dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o 07/10/2020 até o 05/11/2020, ambas as dúas datas incluídas. O Partido Popular presentou ante o pleno municipal unha moción sobre o IVE das mascarillas, luvas e hidroxeles desinfectantes. O voceiro municipal, Diego Lourenzo, explicou a proposta «foi presentada 30 minutos antes da sesión non seguindo o procedemento habitual de presentala con antelación para poder estudiarse; de facelo así, incorporaríase á sesión porque podería estudiarse antes. Ademais», continuou Lourenzo «todo sabemos que non é unha competencia municipal, pódese instar pero o Pleno non é foro para debatir este punto.» Procedeuse á votación da urxencia do asunto e, por 12 votos en contra (7 PSdeG- PSOE e 5 BNG) e 4 votos a favor (PP), non se aprobou a urxencia do mesmo e polo tanto non se incorporou á Orde do Día da sesión. Por último, no apartado de rogos e preguntas interviú o portavoz do grupo popular Juan Manuel Jiménez Morán que inquiriu sobre as facturas que quedan pendentes de aplicación (conta 413. 1) no Concello ao que o tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura respondeulle que «están no expediente, pero non queda ninguna factura pendente».
|