«Pesadelo de Nadal na aldea do Samaín», teatro na Biblioteca Imprimir
Mércores, 28 Outubro 2020 19:11

O vindeiro venres 30 de outubro, ás 18:00 horas, estará ao voso disposición na canle oficial de youtube da Biblioteca Pública Municipal de Verín a obra de teatro «Pesadelo de Nadal na aldea do Samaín», posta en escena na Biblioteca o pasado ano 2018.

«Nenos, nenas e demais, se vos quedades xunto a min ensinareivos algo estraño que aquí hai.
A aldea de Samaín, onde soan os gritos na escuridade.
A función vai comezar, e, como somos travesos, ímosvos asustar!!!»

Guión de Noelia Campos e Miguel Quintas, e interpretada por: Noelia Gallego, Miguel Quintas, Inés García, Juan Carnero, Carla García, Daniel Carnero, Rida Mekaquio, Aurora Prieto, todos e todas Voluntari@s da Biblioteca de Verín
Coa colaboración de: Ana García, Lorena Carnero e Feliciano Romero (COPE Verín).