ACTUALIZACIÓN | A Consellería de Sanidade dita novas restricións no Concello de Verín para reforzar o control da Covid 19 Imprimir
Mércores, 14 Outubro 2020 21:47

 Logo da reunión do Subcomité clínico de expertos sanitarios, á vista da situación epidemiolóxica no noso municipio, acordouse elevar a nivel 3 as restricións no Concello de Verín.

As restricións impostas a Verín (que entrarán en vigor a partir do xoves as 00:00 horas) son as mesmas que xa están en vigor noutras localidades galegas.

Manteñense as restricións en canto a:

-  Prohibición das xuntanzas de persoas non convivintes, tanto en espazos de uso público como en espazos privados.

-  Limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería, onde ademais estará prohibido o consumo en barra.

-  Redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto

Novas restricións:

Prohibido Servir en interior de bares e cafeterías. (En Verín non está dispoñible tampouco o servizo en terraza)

Máximo 5 persoas por mesa en restaurantes, e só conviventes.


IMPORTANTE: No Concello de Verín NON existe ningún tipo de restricción de mobilidade.


Consulta todas as medidas no Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro: https://cutt.ly/ygdYukg

Neste documento explican que en #Verín débense aplicar as medidas do Anexo II da publicación do DOG do día 7 de outubro: https://cutt.ly/5gdMwxT

Estas medidas serán reavaliadas en función da evolución da situación epidemiolóxica nomunicipio. Dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.

Está nas nosas mans. Sigamos as recomendacións das autoridades sanitarias.

#FainoPorTi #fainoportodos

Lembra a norma das 3 M

Máscara

Mans limpas

Manter a distancia de seguridade