Pleno Ordinario | 13 de outubro Imprimir
Martes, 13 Outubro 2020 12:47

O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acolleu esta maña unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

  1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DE DATA 22/07/2020

  1. Expediente 3142/2020. DECLARACIÓN COMPATIBILIDADE  PROFESOR/A SAXOFÓN DO CONSERVATORIO DE MÚSICA DE VERÍN

  1. Expediente 3141/2020. DECLARACIÓN COMPATIBILIDADE PROFESOR/A VIOLÍN CONSERVATORIO DE MÚSICA DE VERÍN

  1. Expediente 3205/2020. FIXACIÓN FESTAS LOCAIS 2021

  1. Expediente 3006/2020. Subvención pista de Xeo AEVER 2019/2020

  1. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA

  1. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 17/07/2020 ATÉ O 06/10/2020, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS

  1. ROGOS E PREGUNTAS

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión ordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a declaración de compatibilidade dos profesores de saxofón e violín do Conservatorio de Música de Verín, quedando aprobados por unanimidade.

Por outra banda, o pleno someteu a votación a fixación das festas locais para o ano 2021, acordando por unanimidade que os festivos sexan o 17 de febreiro (mércores de cinza) e o 8 de setembro (Festa da Virxe dos Remedios).

Tamén por unanimidade se aprobou a concesión dunha subvención polo importe total de 18.000,00 euros á Asociación de Empresarios de Verín AEVER,  destinada a sufragar os gastos orixinados pola realización das actividades do Nadal 2019/2020, en particular da instalación dunha Pista de patinaxe sobre Xeo.

Por último, o voceiro municipal, Diego Lourenzo, deu conta na sesión plenaria do acordo alcanzado onte cos representantes dos hostaleiros de Verín para pechar os bares e as terrazas durante un prazo de dez días. O ente municipal abrirá unha liña de axudas para paliar, na medida do posible, os danos  ocasionados a estes negocios.

No apartado de rogos e preguntas interveu o portavoz do grupo popular Juan Manuel Jiménez Morán.