ACTUALIZACIÓN: Medidas específicas do Concello de Verín para reforzar o control da COVID-19. Imprimir
Xoves, 08 Outubro 2020 14:26

 O Concello de Verín anuncia o mantemento das súa medidas de prevención específicas para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición a ditos riscos.



  • Peche do Museo Claustro Mercedario.
  • A actividade na Biblioteca Pública Municipal de Verín continúa limitada ao servizo de préstamo.
  • Quedan adiados os eventos culturais que estaban programados nas instalacións do Auditorio Municipal de Verín.
  • Precintados os parques municipais, incluíndo o recinto do Skatepark.
  • Suspensión das feiras ordinarias.

 Ditas decisións tómanse seguindo as indicacións expostas na ORDE do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Concello de Verín, que suma as medidas xa instauradas a prohibición das xuntanzas de persoas non convivintes.

Estas medidas serán reavaliadas en función da evolución da situación epidemiolóxica nomunicipio. Dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.

Está nas nosas mans. Sigamos as recomendacións das autoridades sanitarias.

#FainoPorTi #fainoportodos

Lembra a norma das 3 M

Máscara

Mans limpas

Manter a distancia de seguridade

Podes ampliar información sobre o resto de medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade para o noso concello no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201007/2449/AnuncioC3K1-071020-5_gl.html