ACTUALIZACIÓN: Novas medidas do Concello de Verín para reforzar o control da COVID-19. Imprimir
Luns, 21 Setembro 2020 13:00

O Concello de Verín anuncia a adopción de novas medidas para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19,
así como a propia exposición a ditos riscos.

Peche do Museo Claustro Mercedario.
A actividade na Biblioteca Pública Municipal de Verín continúa limitada ao servizo de préstamo.
Quedan adiados os eventos culturais que estaban programados nas instalacións do Auditorio Municipal de Verín.
Serán precintados os parques municipais, incluíndo o recinto do Skatepark.
Suspensión das feiras ordinarias.

Ditas decisións tómanse seguindo as indicacións expostas na ORDE do 18 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas
medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Concello de Verín.

Estas medidas serán reavaliadas nun período non superior a sete días naturais en función da evolución da situación epidemiolóxica no
municipio. Dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.

Está nas nosas mans. Sigamos as recomendacións das autoridades sanitarias.

#FainoPorTi #fainoportodos

Lembra a norma das 3 M

Máscara
Mans limpas
Manter a distancia de seguridade

Podes ampliar información sobre o resto de medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade para o noso concello no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20200918/2430/AnuncioC3K1-180920-3_gl.html