A Consellería de Sanidade dita novas restricións no Concello de Verín para reforzar o control da COVID 19. Imprimir
Venres, 18 Setembro 2020 19:09

Tras a reunión do comité clínico autonómico, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de emitir un comunicado oficial no que se informa sobre a instauración de novas restricións relativas á xestión da crise sanitaria no Concello de Verín.


As restricións impostas a Verín (que entrarán en vigor a partir de mañá as 00:00 horas) son as mesmas que xa están en vigor noutras localidades galegas.

Restricións:

- Limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería, onde ademais estará prohibido o consumo en barra.

- Limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas

- Redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, quixo facer un chamamento cidadán á poboación para que respecten as novas restriccións así como as medidas de seguridade e distanciamento social, hixiene constante de mans e o uso de máscara, para conseguir frear o avance da crise sanitaria provocada pola COVID19.

Proximamente ampliaremos información coas medidas concretas que se coñecerán tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.