Literarias: Recital, monólogo, performance, narrativa e teatro Imprimir
Xoves, 17 Setembro 2020 13:43

Literarias Literatura escrita por mulleres galegas dende unha perspectiva de xénero.

A Biblioteca do Concello de Verín organiza conxuntamente coa asociación Clásicas y Modernas a actividade Literarias, espectáculo cunha importante carga pedagóxica, xa que presenta as diferentes formas de cada xénero e as súas posibilidades.



Deste xeito contaremos con algunhas das máis activas representantes de cada unha das vertentes literarias e escénicas do panorama galego: Isabel Blanco (narradora e poeta), Mariana Carballal (actriz, directora e docente) e Silvia Penas (poeta e performer).

O obxectivo é concienciar da importancia da igualdade de xénero, reivindicando a presenza das mulleres na cultura e no discurso público e familiarizar ao público coas diferentes manifestacións literarias

A actividade, que estará pechada ao público presencial por motivo de seguridade, poderá ser seguida vía streaming a través da canle de Youtube da Biblioteca do Concello de Verín o vindeiro 25 de setembro a partir das 19:30h.

 Isabel Blanco:

Licenciada en Dereito. Exerce como avogada especialista en Dereito de Familia e Violencia de Xénero en Vigo.

Foi profesora da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de Vigo e avogada especialista en Centros de Información da Muller.

No eido literario o seu traballo abrangue narrativa e poesía (escrita e visual) destacando:

• Idea, creación e textos da mostra de Poesía visual “Rompe, xoga en igualdade”. (Deputación de Pontevedra 2018- 2019), baixo a dirección artística Irene Silva.

• Mostra de Poesía Visual “Amores que matan non son amores” (2018), con Irene Silva.

• O director de coros e compositor vasco Javier Busto compuxo música para tres dos seus poemas: "Vestida de frores" (Vebas Cum), "Poesía del deseo" (inédito), "Gosto dos bicos" (inédito).

• Guión orixinal da curtametraxe “Manuela Romasanta” de Roberto Oliveira.

Obras publicadas

Español:

Historias de almas inquietas (2012). Reeditado en 2014 por Belagua Ediciones.

Los mundos ajenos (2014). Belagua Ediciones.

Galego:

Verbas cum (2014). Belagua Ediciones.

María Vinyals. Un talento rebelde (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones.

As receitas de Rosaura (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones.

Rosaura e o mar (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones.

Rosaura, cesteira de Mondaríz (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones.

Premios

1º premio no Concurso literario de Relatos Curtos Donas, de Nigrán ( 2010).

1º premio no Certame de narrativa breve “Carolina Planells” de Paiporta (Valencia) ( 2011). 1º premio no II Concurso de Relato Corto «Mujer, Discapacidad y Empleo», convocado por la Secretaría de Política Social de CC OO de Almería.(2012).

Finalista Poetry Slam 2016 Vigo.

Premio Certame de Poesía Xogos Florais 2017 Concello de Ponteareas. 2º Premio Certame de Poesia Pazo da Saleta. Novembro 2017.

2ª Premio Certame de Microrelatos Ozoco 2018.

3ª Mellor libro de literaruta infantil 2017 “ As Receitas de Rosaura “ premios Fervenzas Literarias.

7ª Mellor libro de literatura infantil 2018 " Rosura e o mar" premios Fervenzas Literarias.

 

Mariana Carballal:

Licenciada en Arte Dramática, Postgrao en estudos Teatrais e Cinematográficos e con Mestría en Teatro e Sociedade, profesora de Interpretación da ESAD de Galicia e de Dirección en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo.

Actriz de Teatro, Tv e Cine. (Manos a la Obra, Nada es para Siempre, Mareas Vivas, Terras de Miranda, Hospital Central, Pratos Combinados ou O Show dos Tonechos en Tv. 22 Ángeles, La Piel que habito, A historia dun satélite, Sinbad, El Patio de mi Cárcel, Cuando vuelvas a mi lado, O Ano da Carracha, en Cine) son algúns dos títulos da súa traxectoria como actriz.

Como Directora arranca e dirixe os 50 primeiros capítulos de Libro de Familia (serie de éxito da TVG).

Directora da Gala dos Premios María Casares no 2009. Coordina e dirixe o Proxecto “Os Soños de Walla”, da ESAD de Galicia e o Fondo Galego de Solidariedade no 2010. No ano 2011 presenta o programa Gran Cambio para TVG, e dirixe e co presenta a Gala do Deporte da Universidade de Vigo.

Estrea a sit com ESCOBA! Para TVG. Sendo da súa autoría a Idea Orixinal, Edición de guión e a Dirección da mesma. No 2012-13 continúa con ESCOBA!, dirixe Microteatro para as Salas La Tuerka de A Coruña, A Regadeira de Adela en Santiago de Compostela e Se abre el Telón en Madrid, imparte Curso de Interpretación para Cámara para AISGE, ponse á fronte da VII edición de Teatro Radiofónico da Radio Galega, participa como actriz na serie SECRETOS de Ecuavisa (Ecuador) e finalmente dirixe o piloto 50+IVA para as televisións ecuatorianas.

No 2014 imparte para a Secretaría de Cultura do Distrito Metropolitano de Quito o Obradoiro “Estéticas do Común. A construción dunha secretaría de cultura”, dirixe o piloto da Sitcom”En Coma” para TVG e imparte curso de Interpretación no MACUF.

Compaxina a volta ás aulas co seu traballo artístico (dirección da Gala para a Visibilización das Enfermidades Raras no Teatro Colón, actriz en Casa Manola, Serramoura , Fariña , Vivir sen Permiso, Verao M.(Portugal), La felicidad de los perros de David Hernández, Elisa y Marcela de Isabel Coixet e A quien hierro mata de Paco Plaza. Despido o 2018 como actriz en Rosario de Acuña: Ráfagas de huracán no Centro Dramático Nacional. Presenta no 2019 o Proxecto ORBALLO: Audiovisual nas aulas con perspectiva de xénero. Pertence a CIMA e CYM . É a Coordinadora en Galicia de Tempadas de Igualdade nas Artes Escénicas e na Cultura, e de Bibliotecas en Igualdade, proxectos de CYM.

Recibe en diferentes épocas os Premios: Mácara de Teatro, Galicia en Feminino da Xunta de Galicia, Xociviga de Honra(Carballiño) e Chimpín de Prata do Festival de Cans.

 

Silvia Penas:

Licenciada en Filoloxía Galega, especialista en Literatura. Colabora como docente do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (Concello de Vigo), na área de "spoken word", dada a súa traxectoria na poesía escénica. Como poeta foi galardoada en diversos certames como o premio de poesía da Universidade de Vigo 2005, co poema en cinco partes intitulado “Neste bosque”. En 2007 foi premiada cun accésit no certame para creadores novos da Xunta de Galicia Gzcrea, coa serie de poemas “A tiranía do des”.

En 2010 publica en coautoría con Elvira Riveiro, o poemario Biografía da multitude, premio Victoriano Taibo 2009. En abril de 2013 publica As uñas crecen, poemario gañador do certame Manuel Lueiro Rey de poesía. Tamén en 2013 publícanse As xeórxicas do pan, de Otero Pedrayo, do cal é editora.

Gañou o l Slam poetry Vigo e do I Slam Arousa. Foi seleccionada para participar no Gran Slam Internacional de Barcelona que se celebrou en marzo de 2013 e participou no Poetry Slam Nacional de Madrid dese mesmo ano. En 2015 publica Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores, co que obtivo o premio Avelina Valladares.

En 2019 publica o poemario Fronteira Paraíso, que inclúe fotografías de Jesús Andrés Tejada, ademais lánzase ese mesmo ano o disco homónimo da formación Cintaadhesiva, proxecto do cal é cocreadora.

Cintaadhesiva encargouse tamén do espazo sonoro da peza teatral Sofía e as postsocráticas da compañía Inversa teatro. Silvia Penas participou na creación desta peza a nivel textual e dramatúrxico e forma parte do elenco como actriz principal.

Premios, colaboracións, e escenarios internacionais co proxecto Cintaadhesiva:

O videopoema "Derrota programada" foi seleccionado no festival internacional Visible Verse 2016 (Canadá) O videoclip “O deserto" foi finalista no Concurso de videoclips do Festival de Cans 2017 e no Certame de Videoclips Armadinha rock. O proxecto Cintaadhesiva foi finalista no Certame de Música Fran Pérez Narf 2017 da Deputación da Coruña. Gañador do Concurso Estudios Mans Festival SinSal San Simón 2017 e formou parte da programación do Festival Sinsal deste mesmo ano.

Colaborou coa súa música en diferentes proxectos da Produtora de Cine Miramemira. Participou no proxecto A Malinche de intercambio de artistas irlandeses e galegos con actuacións en escenarios de Dublín e Belfast. Participou en festivais internacionais como o Festival Internacional de Poesía Expandida Urogallo de León 2016, Festival Internacional Naa de Barcelos 2015, Festival Binnar de Vila Nova de Famalicao 2016, Festival Internacional de Poesía Poemagosto de Allariz, Festival Artellando de Santiago de Compostela 2017, ou o Festival InternacionalTxon Poesía de Cabo verde (2019).