Reapertura da Piscina Climatizada Municipal de Verín Imprimir
Mércores, 02 Setembro 2020 20:31

A piscina climatizada municipal de Verín abrirá as súas portas con carácter xeral o luns 14 de setembro co seu consecuente protocolo sanitario de protección fronte ao covid-19. Entre as medidas figura a obrigatoriedade de reservar cita previa,  preferentemento por teléfono (988 41 41 84), aínda que tamén se pode realizar presencialmente.


O uso de máscara será obrigatorio en todas as instalacións para persoas maiores de seis anos,. Reforzaranse os labores de limpeza e instalaranse  dosificadores de  hidroxel, marcaxes no chan para delimitar distancias e circulacións, cartelería informativa, así como papeleiras con pedal. Este protocolo estará sometido ás oportunas modificacións de acordo á evolución da pandemia e das disposicións que adopten as autoridades sanitarias pertinentes

O Concello compensará aos usuarios da piscina polos días que as instalacións estiveron pechadas debido a crise sanitaria do covid-19,  sendo o mes de setembro gratuíto en compensación co cobrado o pasado mes de marzo.

O novo horario da instalación será o seguinte:

LUNS A VENRES   7.00 h a 13.00 h |16.00 a 22.00 h

SÁBADO : 9.00 h a 13.00 h | 16.00 h a 20.00 h

DOMINGOS E FESTIVOS PECHADO

Para máis información: Nas propias instalacións da piscina climatizada en horario de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas, onde se poderá solicitar cita previa para piscina ou o ximnasio para partir do xoves 10 de setembro.