A Ludoteca-Campamento Urbano 2020 continúa a súa actividade cargada de actividades e baixo estritas medidas de seguridade Imprimir
Luns, 20 Xullo 2020 13:41

Os nenos e nenas da ludoteca de Verín continúan gozando dunha completa axenda de actividades variadas, sempre cumprindo con todas as medidas de seguridade estipuladas para previr a propagación do virus da COVID-19 (xeles hidroalchólicos, uso da máscara, a disposición de alfombras desinfectantes e a comprobación da temperatura tanto á entrada como á saída).

Nas últimas semanas, os menores participaron en moitas e atractivas actividades como: a elaboración de macetas e plantación de sementes, creación dun mural colectivo con estampación das mans dos cativos, xogos de auga, sesións de malabares, saída ao skatepark, xogos de obstáculos, sesións de contacontos, estampación e creación de mesas de palés, elaboración de monstros de cores, e visitas as piscinas descubertas do complexo deportivo de A Granxa e ao río Támega.