Os empresarios de Verín presentan o seu plan de actuación para o ano 2020 na mesa de comercio local Imprimir
Xoves, 16 Xullo 2020 23:49

Mesa Esta mañá, a casa do concello de Verín acolleu a Mesa de Comercio Local coa finalidade de  valorizar e promover o comercio de proximidade na vila.



A mesa estivo presidida polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane e estiveron presentes: María Isabel González, concelleira de Comercio Local; José Ángel  Rodicio, xerente da Asociación de Comerciantes de Verín; Ariadna Gil, presidente da Asociación de Mulleres  Rurais e de Consumo “O  Recuncho” e  Manuel Losada, en representación da Xunta Territorial da Consellería de Economía,  Emprego e Industria de Ourense.

Durante a reunión presentouse plan de actuación da Asociación de Empresarios de Verín para o ano 2020, co que se pretende -entre outras cousas- incrementar o comercio e as ferramentas de promoción e venda, facendo especial  fincapé na dixitalización, e informouse sobre as actividades realizadas durante o ano 2019.