A Ludoteca-Campamento Urbano 2020 conclúe a primeira semana cargada de actividades Imprimir
Xoves, 09 Xullo 2020 14:27

Inicia a Ludoteca cunha semana chea de actividades.

Os nenos e nenas da ludoteca de Verín desfrutaron xa da súa primeira semana de actividades.

Cumprindo con todas as medidas de seguridade (xeles hidroalchólicos, uso da máscara, a disposición de alfombras desinfectantes e a comprobación da temperatura tanto á entrada como á saída) comenzou a Ludoteca – Campamento Urbano 2020.

Entre as moitas e atractivas actividades que se levaron a cabo nestes primeiros días incluíronse obradoiros de reciclaxe e xogos variados como o clásico pañuelo ou a bomba. Destacan tamén as visitas ao río e unha excursión a Cabreiroá.