BANDO: Estrea do filme María Solinha de Ignacio Vilar no Autocine de Verín Imprimir
Venres, 19 Xuño 2020 10:17

 GERARDO SEOANE FIDALGO, Alcalde do Ilustrísimo Concello de Verín (Ourense), FAGO SABER:


Que con motivo da instalación do Autocine no que se estreará o filme “María Solinha” o vindeiro domingo días 21 de xuño, e para asegurar o bo desenvolvemento da mesma, o ESTACIONAMENTO QUEDARÁ RESTRINXIDO no Aparcadoiro Libre Gratuito nº 8 (entrada pola Avda. de Portugal xunto ao nº 30) dende as 10:00 horas do propio domingo 21 ata as 07:00 horas do luns 22 de xuño.

Esta restrición non afectará a zona de estacionamento á cal se accede dende a Avda. Luis Espada. Non obstante, a saída deberá realizarse polo mesmo acceso, en dirección Avda. Luis Espada, para evitar atravesar a zona de proxección.


Pregamos a súa colaboración e esperamos que perdoen as molestias que se poidan ocasionar polas medidas adoptadas.

O que fago público para xeral coñecemento.



En Verín, a 18 de xuño de 2020.

O Alcalde

Gerardo Seoane Fidalgo

DOCUMENTO ASINADO DIXITALMENTE