A Biblioteca de Verín reabre este luns o servizo de préstamo e devolucións Imprimir
Sábado, 30 Maio 2020 19:28

A Biblioteca Pública Municipal de Verín retoma este luns os servizos de préstamos e devolución de libros que pasarán unha corentena de 14 días antes de estar dispoñibles novamente para outros usuarios, segundo indicou os responsables das instalacións.

A devolución dos libros poderase realizar  no horario habitual da biblioteca, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, quedando reservadas de modo exclusivo  para as  persoas maiores as franxas horarias de 11:30 a 12:30 e de 18.30 a 19:30 horas


No que se refire aos préstamos de libros, as persoas interesadas poden consulta no Catálogo da Biblioteca: www.bibliotecadeverin.es apartado OPAC. Unha vez feita a solicitude,  a usuario recibirá unha cita previa para recoller o libro ou libros seleccionados.