Transición á nova normalidade: fase 1 Imprimir
Domingo, 10 Maio 2020 00:00

A partir do luns, 11 de maio, Galicia entra na FASE 1 de desescalada.

¿Sabes que é o que podes facer? ????????????????



??
LIBERDADE DE MOVEMENTOS: na provincia. Poderase ir a segundas residencias sempre que estean na mesma provincia.

?? VIAXES NUN MISMO VEHÍCULO: as persoas que vivan nun mesmo fogar ata un máximo de 9 ocupantes.

?? VISITAS A FAMILIARES: poderanse facer visitas a calquera familiar nos domicilios a condición de que non estean nun grupo de risco. Sempre mantendo a distancia e mediddas de seguridade

?? REUNIÓNS: poderanse realizar reunións de ata un máximo de 10 persoas tanto en casas particulares como na rúa. Sempre mantendo a distancia e normas de seguridade.

?? APERTURA DE LOCAIS: de menos de 400 metros cadrados. Permitirase a entrada sen cita previa cunha ocupación máxima do 30% . Deberanse desinfectar dúas veces ao día os establecementos. Saída da poboación e franxas horarias: Igual que na fase 0.

?? BARES E RESTAURANTES: terrazas de bares e restaurantes cun máximo do 50% do aforo.

?? ESPECTÁCULOS CULTURAIS: cun máximo de 30 persoas en espazos pechados e de 200 en áreas abertas sempre que se poidan manter as medidas de seguridade. Apertura de bibliotecas e museos con restriccións horarias.

?? HOTEIS: abrirán pero sen ou uso das zonas comúns.

?? TELETRABALLO: aínda que non é obrigatorio, pídese que se siga realizando na medida do posible de cada empresa.

?? ENTERROS E VELATORIOS: máximo de 15 persoas.

Lembra respectar sempre a distancia e normas de seguridade.

???? Consulta aquí todas as novas medidas: https://bit.ly/3fy4WZ6

#EsteVirusLoParamosUnidos
#EsteVirusParámoloUnidos
#Covid19 #Covid_19
#quedaencasa
#euquedoencasa