AVISO IMPORTANTE || NOVO SERVIZO DE APROVISIONAMENTO DE ALIMENTOS E MEDICINAS PARA OS CASOS DE EXTREMA NECESIDADE E URXENCIA Imprimir
Luns, 16 Marzo 2020 21:12

Os Servizos Sociais do  Concello de Verín, e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín habilitan un servizo de aprovisionamento de alimentos e medicinas para os casos de extrema necesidade e urxencia.



Este novo servizo extraordinario vai dirixido a todas aquelas persoas maiores que vivan soas e/ou teñan mobilidade reducida para facilitarlles a chegada de produtos de primeira necesidade.

Tanto os usuarios dos Servizos Sociais e de Dependencia do  Concello como os rexistrados nas listas de esperas dos respectivos servizos, foron informados deste servizo.

Se algunha persoa do  Concello de Verín, que sexa maior e estea soa, necesita  este servizo pode chamar ao 988414776 ( Servicos Sociais) de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.