RESOLUCIÓN SOBRE ATENCIÓN AO PÚBLICO NAS INSTALACIÓN MUNICIPAIS ABERTAS Imprimir
Luns, 16 Marzo 2020 15:30

Con data 13 de marzo de 2020 asinouse un Bando pola Alcaldía en funcións no que adoptan unha serie de medidas preventivas ante a situación sanitaria actual en relación co COVID-19.

Concretamente, determínase o peche de todas as instalacións municipais excepto a Casa do Concello, a sedede Servizos Sociais e a oficina da Policia Local. Para estas instalacións abertas, faise constar “limítase aatención ao público nas dependencias municipais en casos de urxencia ou necesidade improrrogablesempre priorizando a atención telefónica e telemática”.

Con data 14 de marzo de 2020 publícase o Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionado polo COVID-19 en todo o Estado español.

Con data 15 de marzo de 2020 a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) envía Instrucións para adoptar medidas nos Concellos Galegos, entre elas encóntrase que “a comunicación co Concello debe realizarse de forma telemática a través da sede electrónica municipal ou vía telefónica”. Do mesmo xeito indica que “os servizos administrativos funcionarán con porta pechada de 9 a 14 horas,dun modo moi reducido, equivalente a uns servizos mínimos que serán fixados por cada Concello”.

Para dar cumprimento e afondar nestas disposicións, establécese o seguinte Protocolo de atención ao público na Casa do Concello, sede de Servizos Socias e oficina da Policia Local:

Quedan abertas vía telefónica ou telemática todas as consultas. No caso de que calquera veciña/o considere que debe ser atendido presencialmente nalgunha das instalacións nomeadas anteriormente, ten que chamar por teléfono (988410000) para solicitar unha cita.

A/O funcionaria/o ou persoal da instalación valorará a urxencia ou necesidade improrrogable da consulta presencial, de ser así establecerá unha cita con día e hora.

A/O veciña/o persoarase na instalación municipal como máximo con 5 minutos de antelación á cita. Na porta estará presente un axente da Policia Local que comprobará se existe cita nunha listaxe elaborada por cada servizo diariamente. No caso de non ter solicitado a cita, non será atendido na instalación municipal.

Acompaña a esta Resolución un anexo no que se establecen os servizos mínimos e as indicacións a traballadoras/es de todas as instalacións e servizos municipais do Ilmo. Concello de Verín.

Do mesmo xeito, comunícase a suspensión inmediata do servizo de aparcamento de ORA.

Pregamos a colaboración de todas as veciñas e veciños e pedimos desculpas polas molestias que poidanocasionar estas disposicións pero, polo ben do conxunto da veciñanza, debemos priorizar a prevención. Con tranquilidade, sen medo pero con precaución.