Corte das rúas Cancelón e Espido Imprimir
Sábado, 02 Maio 2009 11:23
Con motivo das obras de renovación do abastecemento e reposición de beirarrúas nas rúas Cancelón e Espido, que comezarán o vindeiro luns 4 de maio, cortaranse devanditas vías, a primeira na súa totalidade, e na rúa Espido, o tramo comprendido entre a rúa Irmáns Moreno e a glorieta da Canella Cega.

Desde o Concello de Verín esperamos que perdoen as molestias que poidan ocasionar a realización destas obras, que redundarán nunha maior calidade de vida para os/as veciños/as de ambas rúas.