Estrea do filme 'Frío' Imprimir
Mércores, 07 Xaneiro 2009 12:07
O venres 9 de xaneiro, ás 22 horas, na Casa da Cultura de Verín proxectarase o filme Frío, un drama policial dirixido por Román Gutiérrez da Silva (Lalín, 1971) e interpretado por Xoque Carvajal e Tzeitel Rodríguez.
Esta estrea, con entrada libre, realizarase ao mesmo tempo en máis de cincuenta concellos galegos, en coordinación con Cinemas Dixitais e impulsada por A Productora Morta, co obxectivo de dar a coñecer ao gran público un cine galego que aspira a conciliar calidade narrativa e vocación industrial.  Filmada en localizacións de Santiago, O Grove e Caminha (Portugal), Frío é unha historia de traizóns e corrupcións con elementos de cine negro, non recomendada para menores de 14 anos.