Pleno ordinario Imprimir
Martes, 09 Setembro 2008 07:58
O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta tarde unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. -  Aprobación, se procede, do borrador da acta de sesión ordinaria de data 14.7.2008 (Acta nº 10/2008).
2.  -  Posta á disposición da Consellería de Innovación e Industria do espazo no Polígono Industrial de Pazos para a instalación de equipamento da rede de telecomunicación sen fíos.
3.  -  Posta á disposición da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible dos terreos e auga necesarios para a execución do proxecto de melloras das infraestruturas hidráulicas da rúa Espido.
4.  -   Posta á disposición da Consellería de Medio Rural de todos os terreos necesarios para realizar as obras incluídas no plan de melloras das infraestruturas viarias na D.O. Monterrei.
5.  - Dar conta dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o día 11.7.2008 até 03.9.2008, ambas as dúas datas incluidas.
6.  - Informacións e outros asuntos da Presidencia.
7.  - Rogos e preguntas.

Na pleno aprobáronse por unanimidade os catro primeiros puntos. No segundo acordouse pór á disposición da Consellería de Innovación e Industria un espazo no Polígono Industrial de Pazos para a instalación do equipamento de redes de telecomunicación sen fíos de acceso a internet de banda larga en polígonos industriais ou parques empresariais, no marco do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI 2007-2010).  

Mentres que no terceiro decidiuse a posta á disposición da Consellería de Medio Rural de todos os terreos necesarios para a execución das obras do “Plan de Melloras das infraestruturas viarias na Denominación de Orixe Monterrei”, así como os correspondentes permisos e autorización necesarios para levalas adiante. As obras de pavimentación e arranxo de camiños en zonas de producción vitivinícola, executadas por devandita consellería, realizaránse en: Ábedes (dous no pobo e Verín-Ábedes), Pazos (paraxe As Tapias e camiño N-525-Atalia), Queizás (camiños Quintas, Barrios e Cagonas), A Rasela (Regueiro Novo e outro no pobo) e Tintores; por un importe de 361.834,16 €.

Ademais, acordouse pór á disposición da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible os terreos e auga necesarios para a execución do proxecto de melloras das infraestruturas hidráulicas da rúa Espido -realización de obras de abastecemento, saneamento, pavimentación e colocación de beirarrúas, por un custo que ascende a un total de 232.000 euros-.

Nesta sesión plenaria presentáronse as seguintes mocións:
- Oposición do municipio de Verín ao cultivo ao aire libre comercial ou experimental de millo transxénico e doutras plantas xenéticamente modificadas e aos alimentos transxénicos; así como garantizar que nos establecementos dependentes do Concello no se expenderán ou servirán comidas e bebidas que conteñan entre os seus ingredientes OMX (Organismos modificados xenéticamente). Esta moción presentada polo Partido Popular, e trasladada dende a Plataforma Anti-transxénicos de Galicia, foi aprobada polos votos a favor do PP (en contra a oposición) na súa ratificación de urxencia, e na votación tamén se aprobou cos votos do grupo de goberno (neste caso abstención dos restantes grupos políticos).

- Adopción de medidas urxentes de aforro e de desenvolvemento económico. Devandita moción, presentada polo PSdeG-PSOE, foi rexeitada na súa ratificación de urxencia cos votos en contra do PP, ante a imposibilidade de avaliar todas as medidas, de forma individual e específica, no transcurso da sesión.

- Reducción do salario percibido pola tenente de alcalde, María del Carmen Pardo López. Nesta ocasión, a moción presentada por ADEI-O, foi rexeitada a súa ratificación de urxencia con nove votos en contra do PP, xa que segundo o alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, é “unha moción reiterativa, demagóxica e sen bases sólidas, na que este concelleiro manifesta unha obsesión desmedida co soldo da teniente de alcalde”.

- Creación dunha comisión especial de seguimento da creación do novo Polígono de Tamagos, por parte de ADEI-O. A moción foi rexeitada na súa ratificación de urxencia con votos en contra do grupo de goberno, porque segundo indica o rexedor “o que debe facer a Administración Local é apurar os trámites para que comece a construcción do polígono, xa que da promoción do solo encárgase Xestur”.

No apartado de rogos e preguntas interviñeron todos os portavoces dos grupos políticos.