Cursos de creación de webs e streaming de audio e vídeo na Aula CeMIT de Verín Imprimir
Mércores, 28 Setembro 2011 11:38

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Verín oferta para os meses de outubro e novembro os cursos de ‘Creación de webs para dispositivos móbiles’ e ‘Streaming de vídeo e de audio’.

Para o de ‘Creación de webs para dispositivos móbiles’ é necesario que os interesados/as teñan coñecementos de desenvolvemento de web tradicional con HTML e estilos, así como comprendan a diferenza entre contido e visualización, e ter deseñado webs sen utilizar táboas. Mentres que no de ‘Streaming de video e de audio’ é preciso posuír coñecementos de medios de informática e recoméndase coñecer ferramentas informáticas de edición de vídeo. Ambos cursos, de 30 horas cada un, son de carácter gratuíto e contar cun mínimo de cinco alumnos/as para a súa realización.

O proxecto da Rede CeMIT en Verín, iniciado o pasado mes de maio, conta cun aula multimedia con máis de 100 usuarios. Esta iniciativa  unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das iniciativas de difusión e achegamento dos cidadáns as  Novas Tecnoloxías e a sociedade da información. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para máis información e pre-inscrición, poden dirixirse a Aula CeMIT e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín (Avda. de Portugal, nº11), chamar ao teléfono 988 41 47 76 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo