Presentación de 'Guía Arqueolóxica do Alto Támega' Imprimir
Martes, 20 Setembro 2011 12:05

A Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle o vindeiro 28 de setembro, a partir das 19.30 horas, a presentación do libro 'Guía Arqueolóxica do Alto Támega', de Bruno Rúa Martínez.


Unha guía-catálogo que ten como obxectivo fundamental divulgar o patrimonio arqueolóxico e cultural co que conta a comarca de Verín-Monterrei e que abrangue desde o paleolítico á romanización, pasando polo legado suevo-cristiano, subliñando aspectos de interese como son os petroglifos, mámoas, pedras abaladoiras, castros ou os numerosos vestixios da romanización (aras, estelas ou miliarios), entre outros. Ademais, o autor incorpora a este catálogo o abondoso corpus lendario que rodea á maioría destes achados, acrecentando o acervo etnográfico desta zona do sur de Galicia.

Bruno Rúa Martínez (Verín, 1972) é filósofo, músico e arqueólogo. Estudou filosofía en Santiago de Compostela ao tempo que formación musical en canto, participando en 11 óperas e incontables concertos de música coral e sinfónica.