O Banco Municipal de Roupa e Alimentos sae a rúa en Verín Imprimir
Luns, 22 Agosto 2011 12:51

Durante a xornada de mañá 23 de agosto, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas, o Banco Municipal de Roupa e Alimentos instalarase na rúa Lisa de Verín co obxecto de vender produtos artesanais, realizados a man, cuxa recadación se destinará á compra de alimentos que serán repartidos por devandito servizo.

Entre os produtos que se poderán adquirir neste stand atópanse cadros, flores, bandexas de madeira, pulseiras ou broches; cuns prezos que oscilan entre os dous e cincuenta euros. Ademais, tamén os/as verinenses e visitantes poderán depositar nese lugar alimentos non perecedoiros para distribuír entre os/as máis necesitados/as.

Este servizo, situado de modo permanente na avenida Luis Espada nº 83, depende da área de Benestar Social e Servizos Sociais de Atención Primaria, está destinado a prover ás persoas en situación de urxencia social de Verín dunha axuda inmediata, que palie as necesidades máis básicas, como roupa, calzado, complementos infantís, xoguetes ou libros dos máis desfavorecidos ou en situación de pobreza e marxinación.