Rexistro Galego de Comercio de Galicia Imprimir
Xoves, 04 Agosto 2011 12:03

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación dos modelos oficiais de declaración responsable e comunicación de datos ao Rexistro Galego de Comercio.

O Parlamento de Galicia aprobou a Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia o 29 de decembro de 2010 e entrou en vigor o 19 de xaneiro de 2011. Na mesma contémplase a creación do Rexistro Galego de Comercio, adscrito á dirección xeral competente de comercio, que ten por obxecto a inscrición dos establecementos comerciais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como das asociacións comerciais por eles constituídas.

Devandito rexistro será público e a inscrición nel gratuíta, e considerada condición indispensable para optar a calquera das liñas de axuda convocadas pola Administración da comunidade autónoma ou para participar activamente nos programas específicos.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín, a Antena Local da Cámara de Comercio de Ourense, tamén na Casa Consistorial, e Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) - CCU Verín na rúa Doctor Pedro González da localidade.