I Torneo de Pádel de Verán 'Vila de Verín' Imprimir
Mércores, 03 Agosto 2011 12:23

Do 12 ao 15 de agosto, o Complexo Deportivo A Granxa acollerá a celebración do I Torneo de Pádel de Verán 'Vila de Verín', organizado polo Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín.

Os/As participantes do mesmo, no que tamén colaboran a Eurocidade Chaves-Verín, Saudeter, Multisport e La Caixa, poderán optar a tres premios segundo a clasificación: 200 euros en tarxeta regalo comercio local e trofeo (1º Clasificado), 100 euros en tarxeta regalo comercio local e trofeo (2º Clasificado) e 50 euros en tarxeta regalo comercio local e trofeo (3º Clasificado).

O sorteo do cadro terá lugar o xoves 11 de agosto, ás 21 horas, mentres que durante os días 12 e 13 realizarase a fase de grupos. O domingo 14 de agosto diputáranse os oitavos e cuartos de final e ao día seguinte, 15 de agosto, as finais.

A inscrición debe realizarse antes do 10 de agosto no Complexo Deportivo A Granxa previo pago dunha cota de 20 euros por parella -serán necesario un mínimo de 16 parellas para a celebración do torneo-. Para máis información dirixirse ao Complexo Deportivo A Granxa ou no teléfono 625-539367.