'BiblioRúa' en Verín Imprimir
Martes, 02 Agosto 2011 13:19

Na xornada de hoxe, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín volveu saír a rúa co obxecto de acercar os libros o máis posible aos/ás lectores/as, e incentivar a importancia da lectura tanto dos/as máis novos/as como do público en xeral.


Por este motivo voluntarios/as da instalación situaron, de 11 a 13 horas, un stand fronte ás instalacións da biblioteca, no que se colocaron os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral.

Ademais, con esta iniciativa búscase tamén amosar todos os servizos da Biblioteca de Verín, novidades e as distintas actividades realizadas durante o ano, aproveitando o incremento de poboación na localidade durante os meses de verán.