2ª Xuntanza Motera Internacional en Verín Imprimir
Martes, 02 Agosto 2011 13:18

Durante o sábado 6 de agosto, Verín acollerá a 2ª Xuntanza Motera Internacional, na que participará cincocentos motoristas procedentes do norte de Portugal e Galicia.

A partir das 10 horas, no recinto da Lonxa Agropecuaria, iníciase o proceso de inscricións para os participantes nesta xuntanza, cun prezo de 20 euros por persoa, con dereito a xantar, cea e agasallos. No mesmo lugar, ás 14 horas, realizarase un xantar popular para os presentes.

Ás 17 horas, os motoristas efectuarán unha ruta turística entre Verín - Mesón de Erosa -Verín, que inclúe pinchos para os participantes e o sorteo dunha estancia nun Hotel-Spa. A partir das 21.30 horas, cea motera nos restaurantes acreditados pola organización  e posterior saída nocturna polos diferentes pubs e bares da vila.

A venda anticipada de entradas terá lugar na Cafetería Canasta de Verín. Os teléfonos de contacto son 988-413697, 649-808755 e 660-039078.