'Asemblea de Mulleres' na Casa da Cultura de Verín Imprimir
Xoves, 30 Xuño 2011 12:01

A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 1 de xullo, a partir das 20.45 horas, a representación teatral 'Asemblea de Mulleres' da Asociación La Caja de Pandora.

'Asemblea de Mulleres' é unha obra de Aristófanes escrita para o Certame do ano 392 a.C., e que posteriormente se convertería en referente sobre a comedia clásica. Representa unha amarga sátira sobre a situación política da Atenas contemporánea ao poeta dirixida, nesta ocasión, por Manolo Fontemoura e interpretada por 15 persoas -sete adultos e oito nenos/as-.

Trátase da segunda ocasión que a Asociación La Caja de Pandora representa esta obra, estreada o pasado 29 de abril, e que conta co apoio do Concello de Verín e a Eurocidade Chaves-Verín. Este grupo de teatro amateur, formado no ano 2008,  xa representou outras obras como 'La Cerillera', ‘Sancho, gobernador da Ínsula Barataria’ e as  infantís 'La historia de Bayrina y Fermín Nomelavonada', 'Bon Apetit' e 'Tifina, una princesa poco fina'. A Asociación La Caja de Pandora está dirixida por Manolo Fontemoura e conformada por: Paz Sola, Carmen Gloria Rodríguez., María Luz Varela, Emilia Somoza, Rosana Méndez, Ana María Parada, Iván Rodríguez, Filippo Braccio, Noel Iglesias, Sara Vizcaya, Michel Garcia, Cristina Canabal, Javier Plata, Marina Niño e Ana María Nunes.