'Contos do Verán' na Biblioteca de Verín Imprimir
Luns, 20 Xuño 2011 10:18

O vindeiro xoves 23 de xuño, de 17 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos do Verán’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación e empadroados/as no municipio de Verín, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades coa temática do verán. Será realizada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoa da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar nesta iniciativa é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

'Contos do Verán' conforma a última actividade de contacontos e manualidades que pechará o curso 2010-2011, o que supón a número catorce deste ciclo, dun total das 25 actuacións realizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Verín, entre exposicións, presentacións de libros, visitas de tres centros educativos, videoconferencias ou cursos de informáticas, entre outras, que supera as cifras das organazidas, nas mesmas datas, no ano 2010, sen diminuír a calidade e programación das mesmas.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall