Axudas para a certificación da marca Q de Calidade Turística Imprimir
Mércores, 15 Xuño 2011 11:24

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Axudas para a certificación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

O obxecto é a convocatoria de subvencións a establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso, hoteis-balneario, balnearios, cafetarías, bares, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre para a implantación das correspondentes normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

Os beneficiarios son os titulares dos establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso, hoteis-balneario, balnearios, cafetarías, bares, restaurantes, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre que conten con clasificación turística expedida pola Comunidade Autónoma galega e que estean comprendidos na definición de pequena ou mediana empresa

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 13 de xullo de 2011.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.