Nova corporación municipal de Verín |
Luns, 13 Xuño 2011 12:37 |
O pasado sábado 11 de xuño tomou posesión a nova corporación municipal de Verín, conformada por dez concelleiros do Partido Popular, 4 do PSOE e tres do BNG.
Tras constituírse a mesa, presidida pola concelleira de maior idade, María Corona Meixeira Romasanta, e o máis novo, Diego Lorenzo Moura, constituíuse a corporación e, a continuación, elixiuse o alcalde, nunha votación a man alzada, obtendo o seguinte resultado: dez votos para Juan Manuel Jiménez Morán (PP), catro para Emilio González Afonso (PSdeG-PSOE) e tres para Perfecta Losada Sotelo (BNG). Ante este resultado, proclamouse como alcalde de Verín o candidato popular Juan Manuel Jiménez Morán. |