GD Chaves, vencedor do 2º Torneo Internacional Fútbol 7 - Benxamín Imprimir
Luns, 06 Xuño 2011 11:48

O GD Chaves proclamouse vencedor do 2º Torneo Internacional Fútbol 7 na categoría de benxamín (7, 8 e 9 anos), organizado polo Concello de Verín en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín e disputado o pasado sábado 4 de xuño.


Neste torneo, realizado no complexo deportivo de A Granxa, participaron catro equipos de benxamín das Escolas de Fútbol do Concello de Verín, AD Flaviense, GD Chaves, GD Boticas,EDC Celanova e ED Benfica. Tras os partidos correspondentes a clasificación final foi a seguinte:
- 1º posto: GD Chaves.
- 2º posto: Verín B.
- 3º posto: Verín A.
- 4º posto: GD Boticas.
- 5º posto: EDC Celanova.
- 6º posto: Verín C.
- 7º posto: ED Benfica.
- 8º posto: Verín D.
- 9º posto: AD Flaviense.

Con respecto ao trofeo de 'Máximo Goleador' recaeu en Fran González (Verín A), o de 'Mellor Porteiro' en Pedro Rodrigues (GD Chaves) e o de 'Mellor Xogador' foi para Iván Fernández (Verín B). Tamén se recoñeceu a labor dos árbitros participantes no 2º Torneo Internacional Fútbol 7 – Benxamín: José Luis Sobrino, Suso Patolas, Carlos Duarte e Rubén Patolas.

Esta iniciativa estivo enmarcada nas V Xornadas de Deporte e Saúde, destinadas a desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular.