‘Contos do Circo’ na Biblioteca Pública de Verín Imprimir
Luns, 23 Maio 2011 12:06

O vindeiro venres 27 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, organiza a actividade ‘Contos do Circo’, dentro do programa de actuacións de fomento da lectura.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contos referentes ao mundo circense, xogos, manualidades e globoflexia. Será realizada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoa da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall