Encontro literario con Xosé Carlos Caneiro en Verín Imprimir
Venres, 20 Maio 2011 13:34

O vindeiro mércores 25 de maio, entre as 20 e 22 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá un encontro literario co autor verinense Xosé Carlos Caneiro Pérez.

En devandito encontro, o escritor da vila do Támega exporá aos/ás asistentes aspectos da súa obra, compartirá cos/as integrantes dos Clubs de Lectura de Verín as súas vivencias bibliográficas e a importancia de promover a lectura, escritura e voluntariado cultural entre os/as nenos/as do municipio.

Esta iniciativa está enmarcada dentro do ciclo 'Letras Vivas', organizado pola Subdirección Xeral de Bibliotecas da Xunta de Galicia e no que participa a Biblioteca Pública do Concello de Verín. Unha instalación que se converteu nun dos puntos de encontros culturais e educativos da vila, nos últimos catro anos, e na que se realizaron máis de 150 actividades para nenos/as, entre as que destacan Fomento do Voluntariado, Bibliopiscina, contacontos e manualidades semanais ou Fomento da Lectura a nenos/as de 3 a 10 anos. Con estas actuacións, Biblioteca verinense foi galardoada, nos tres últimos anos, nos premios da Campaña de Animación á Lectura María Moliner.