Presentación do libro 'Absurdos sentimentos' Imprimir
Venres, 06 Maio 2011 10:27

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín acolle o vindeiro mércores 11 de maio, ás 20 horas, a presentación do libro Absurdos Sentimentos, de Hilda Fernández Rodríguez, enmarcada dentro do programa de actividades de fomento da lectura.

A obra desta moza verinense de 16 anos está conformada por poesía e narrativa corta e é definida pola autora como “unha obra sumida na imperfección da miña corta idade. Un momento de reflexión cheo de sentimentos absurdos que un día brotaron da miña mente”.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall