Consulta da mesa electoral na web do Concello de Verín Imprimir
Martes, 03 Maio 2011 15:15

Co obxecto de que todos os/as verinenses poidan coñecer en que mesa electoral poden exercer o seu dereito ao voto, o Concello de Verín colocou na súa páxina web (www.verin.net) a aplicación En que mesa voto?

A mesma, á que se pode acceder desde un link situado na portada, permite pescudar a mesa electoral que lle corresponde a cada votante censado neste municipio, introducindo soamente o DNI e a data de nacemento.