Tres mozos verinenses reciben a súas vivendas de promoción pública no Barrio de San Lázaro Imprimir
Xoves, 28 Abril 2011 13:04

Na xornada de hoxe, tres mozos da localidade de Verín recibiron as súas tres respectivas vivendas de promoción pública cualificada situadas na rúa Costa 10-12 (Barrio de San Lázaro) de Verín, adxudicadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.

A rehabilitación das mesmas, realizada pola Consellería de Vivenda e Solo e o Instituto Galego de Vivenda e Solo, ascendeu a 304.500 euros. As características das tres vivendas rehabilitadas, en réxime de aluguer, son: baixo (de 52,71 m2 útiles e 1 dormitorio e unha renda mensual orientativa de 122 euros), primeira planta e baixo cuberta (de 98,63 m2 útiles, de 3 dormitorios e unha renda mensual orientativa de 223 euros) e primeira planta e baixo cuberta (de 71,17 m2 útiles, de 2 dormitorios e unha renda mensual orientativa de 163 euros).

Os tres mozos verinenses aos que lles foron outorgadas estas vivendas, tras efectuarse un sorteo público o pasado martes 26 de abril, son: David Rodríguez Rodríguez, Sergio Rodríguez Filgueiras e Casiano Alonso Rivero.