Entrega de diplomas do curso de ‘Mobilización de persoas maiores dependentes’ Imprimir
Xoves, 14 Abril 2011 13:18

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e a concelleira de Igualdade, Corona Meixeira Romasanta, entregaron na xornada de hoxe os diplomas do curso de 'Mobilización de persoas maiores dependentes'.


Este curso, no que participaron 17 mulleres, impartíronse os seguintes contidos: teoría do envellecemento, principais cambios asociados ao envellecemento, medicina preventiva na vellez, trastornos comúns da vellez, o síndrome do inmobilismo e os problemas secundarios, técnicas de mobilización, exercicios musculares de rehabilitación, ergonomía, fisioterapia respiratoria e igualdade de oportunidades. “Este curso permitiu non só crear un entorno de diálogo entre os participantes no mesmo, que favoreceu a exposición de problemas e busca dunha solución, senón tamén o aprendizaxe de numerosas cuestións destinada a mellorar a vosa calidade e vida e a dos maiores dependentes”, subliñou o rexedor.

Devandito curso, de 25 horas lectivas e realizado no mes de novembro, foi promovido desde o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín e financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.